Co mel nos beizos, outra vez (1-1)

Antón Lestón Lago
antón lestón CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

basilio belo

Pombais marcou o 1-0 no 75, pero o Bergan non soubo manter a vantaxe. Josiño, Pombais e Remeseiro optan ao MVP da xornada

07 may 2023 . Actualizado á 17:01 h.

«Moito que dicir e pouco que contar», diría Arsenio Iglesias, ao que se lle honrou cun minuto de silencio, sobre o enésimo duelo no que o Bergantiños non foi capaz de pechar unha vitoria que volveu ter na palma da man, como xa lle sucedera nas súas dous anteriores partidos nAs Eiroas. Pero nin esa experiencia serviu aos rojillos para aguantar o 1-0 que suporía a primeira vitoria do 2023 no último encontro da tempada no seu feudo. A afección, no entanto, volveu aplaudir o esforzo dos carballeses, que o certo é que mereceron en máis dunha ocasión pór fin a esa nefasta dinámica.

basilio belo

Contra o Coruxo, un rival que necesitaba un punto para a permanencia, a primeira parte foi moi competida. Aos locais anuláronlles un gol de Tomé por un fóra de xogo difícil de entender e os visitantes Youseff e Pitu estreláronse co pau. Tras o descanso, o Coruxo si tomou o control e tivo varias chegadas nas que os seus atacantes non acertaron a disparar entre os tres paus. Tampouco o ex do Bergan Yelco, que recibiu unha ovación ao ser substituído. Sen encaixar, o conxunto de Durán creceu e foi índose arriba. Uzal e Remeseiro atopaban con fluidez a Josiño e a partir de aí activábase a ofensiva. Nunha desas xogadas combinativas, apareceu Pombais pola dereita, xa dentro da área, e bateu a Alberto cun potente disparo cruzado e raso que supuxo o 1-0.

Parecía que esta vez si, porque o certo é que para entón o Bergan estaba mellor que o cadro vigués, pero a fraxilidade en área propia volveu ser decisiva. Youseff recibiu no punto de penalti e atopou a Focareta, demasiado só, que fusilou a Cobo, que volveu xogar titular despois duns meses e que evitou o 1-2 nos últimos minutos. Tamén a tivo Ander, pero ao intentar regatear a Alberto, o porteiro visitante adiviñoulle as intencións. Haberá que agardar a agosto para que o Bergan poida celebrar a tan ansiada e merecida alegría diante da súa xente. Para a semana, acábase a liga en Oviedo.

MEDIO ANO SEN GAÑAR

  • Bergan-Ourense (19/11) 1-0
  • Langreo-Bergan (27/11) 1-1
  • Bergan-Zamora (4/12) 2-3
  • Guijuelo-Bergantiños (10/12) 3-1
  • Bergantiños-Polvoreira (18/12) 0-0
  • Coruxo-Bergantiños (8/1) 3-0
  • Bergantiños-Oviedo B (15/1) 0-2
  • G. Torrelavega-Bergan (22/1) 1-0
  • Bergan-Arenteiro (29/1) 2-3
  • R. Avilés-Bergan (5/2) 1-0
  • Bergan-Palencia (11/2) 0-1
  • Valladolid B-Bergan (19/2) 2-0
  • Bergan-Laredo (25/2) 0-1
  • Racing B-Bergan (5/3) 3-1
  • Bergan-Marino (11/3) 1-1
  • Compostela-Bergan (19/3) 0-0
  • Bergan-Burgos B (25/3) 0-2
  • Ourense-Bergan (2/4) 1-0
  • Bergan-Langreo (9/4) 4-4
  • Zamora-Bergan (16/4) 1-0
  • Bergan-Guijuelo (22/4) 1-1
  • Polvoreira-Bergan (29/4) 2-2
  • Bergan-Coruxo (7/5) 1-1

FICHA TÉCNICA

BERGANTIÑOS (1) Álex Cobo; Pombais, Agulló, Tomé, Sellés (Pacheco, 66); Uzal, Remeseiro; Espeso, Josiño Filgueira (Julen, 85), Pedrosa; Sito Seoane (Estramil, 80).

basilio belo

CORUXO (1) Alberto; Antón de Vicente, Antonini, Lucas, Marcos; Gandoy (Añón, 74), Andriu; Yelco (Focareta, 74) , Pitu, Chiqui (Mateo, 88); Youseff (Luismi, 81).

basilio belo

GOLES: 1-0, min. 75: Pombais; 1-1, min. 80: Focareta.

ÁRBITRO: Jerónimo Montes García Navas (Madrid). Amoestou aos local Pombais.

basilio belo

basilio belo

basilio belo