José Durán: «Ao mellor non é ou momento de que eu continúe»

Antón Lestón Lago
Antón Lestón CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

basilio belo

O técnico do Bergantiños foi moi honesto ao ser preguntado sobre a súa posible renovación

07 may 2023 . Actualizado á 16:58 h.

Na rolda de prensa posterior ao empate co Coruxo, José Durán volveu reflexionar sobre os motivos que puideron desencadear a mala dinámica e fixo fincapé en que ao final «non hai un só culpable porque non son detalles pequenos, a realidade é que quedamos a vinte puntos da salvación».

Ademais, o técnico lucense, ao ser preguntado sobre se fora o seu último partido nAs Eiroas, dixo o seguinte: «Non penso no ano que ven, pero creo que son un adestrador que encaixa en calquera lado. Que pasa? Que eu creo que despois dunha situación tan mala e complicada hai que empezar de cero e meter moitísima xente con ilusión... Que non digo que os que esteamos aquí non a teríamos, pero se me poño no lado do club e me pregunto se me renovaría, pois non o sei. E se me preguntas a min directamente, pois o mesmo. Evidentemente eu so podo ter palabras boas desta xente, pasámolo fatal e sigo vindo feliz a adestrar porque sempre están con boa cara e predispostos. De feito, disme agora mesmo se volvería a asinar sabendo todo o difícil que vivimos, e volvería firmar sen dubidalo. Non obstante, hai que tomar a mellor decisión para o club e para iso hai que ser fríos. Ao mellor non é o momento de que eu continúe. O mellor é que as dúas partes esteamos de acordo porque a relación é exquisita.».

basilio belo