Trompazo do Ponteceso, táboas no Cairo e vitorias de Baio, Club do Mar e Dumbría

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Basilio Bello

Primeira Autonómica. Xornada inaugural

17 oct 2021 . Actualizado ás 22:07 h.

A primeira xornada na Primeira Autonómica saldouse con tres triunfos, unha derrota e un empate para os representantes da Costa da Morte. Precisamente O Cairo acolleu o primeiro derbi comarcal, entre o Corme e o Soneira, que finalizou en empate (1-1). Adiantáronse os vimianceses por mediación de Diego Lois (min 21). Igualou para os locais Lucas Rial (min 29).

No Pinguel, o Negreira endosoulle unha manita ao Ponteceso, con tres tantos de Rial (min 8, 9, e 58) e dous de Gonzalo (min 37 e 55). O Baio estreouse cun triunfo por 2-0 contra o Belvís no Pratas Reinoso. Os goles foron anotados por Braian Gómez e Álex Tome (propia porta). O Club do Mar de Caión arrincou tamén a competición cun triunfo pola mínima no municipal (1-0) fronte ao Brexo Lema. Anotou Tiago Mendes no 88. Para rematar, o Dumbría goleou (2-5) ao Volantes de Baño, con tantos de Pablo Paz (min 21), Brais (min 31), Capelo (min 47 e 61) e Álex Sendón (min 81).