As citas, que abarrotaron as prazas das localidades, incluíron actuacións musicais
31 dic 2025 . Actualizado á 13:55 h.A rebordar estaban as prazas de Ribeira, A Pobra e Noia nas que tiveron lugar as precampanadas para anticipar a chegada do 2026. Na Alameda noiesa esgotáronse as existencias de uvas, previstas para mil persoas, e de cotillón. Para péquelos, a tradicional froita cambiouse por uns Lacasitos. Amenizou a cita o humorista Oswaldo Digón, cuns toques de campá que soaron desde o convento dos Franciscanos. Esta primeira edición das precampanadas promovida polo Concello foi todo un éxito.
No caso de Ribeira, o punto de encontro foi a praza Porta do Sol e a organización volveu correr a cargo da Real e Ilustre Confraría dá Dorna. Foi o seu presidente, Álex Nespereira, o encargado de emitir os 12 toques dun xeito moi artesanal golpeando unha pota. Para o numeroso grupo de asistentes non houbo hubas, senón ameixas. O toque musical correu a cargo de Vos Buguis
Tamén na Pobra deron a benvida ao 2026 cunhas cantas horas de antelación. O punto de encontro foi diante da casa do concello, onde se repartiron as uvas, cotillón e gusanitos para os pequenos. Os asistentes puxéronse as súas mellores galas e non faltaron as gravatas, nin os vestidos de abelorios. A marestra de cerimonias foi unha integrante de Amas de Casa da Pobra, Mariló Ríos, á que presentou o alcalde, José Carlos Vidal. A polifacética veciña comezou informando á concorrencia de que ten unha gran gripe e que os panos non lle chegaban a nada, tamén se referiu ao gran frío destes días e, para rematar, animounos a todos a cantar. A festa proseguiu coa intervención dun DJ e coa animación dos Festicultores, que percorreron as rúas da Pobra do Caramiñal.