Xunto á estatua do artista instalada na praza do Concello celebrouse un acto na súa memoria
15 may 2025 . Actualizado a las 19:13 h.Ribeira recordou a Manuel Ayaso no segundo aniversario do seu pasamento cunha ofrenda floral que contou coa participación de Mónica Ayaso, filla do artista. O rexedor, Luís Pérez Barral, anunciou que estaba previsto un acto conmemorativo en lembranza do pintor, «un veciño moi querido no noso concello», pero que debido aos problemas de saúde da súa viúva optouse por cancelalo.
Aínda así, «non queriamos pasar esta data sen lembralo e sen que Ribeira lle rendese unha merecida e xusta homenaxe».
Pérez Barral repasou a traxectoria internacional, pola península e na súa localidade de Ayaso, na que «deixou unha pegada potente. O seu legado perdurará no tempo e estará no recordo da veciñanza de Ribeira».
No acto tamén participaron os tenentes de alcalde e os concelleiros da corporación.