«Atadoras», a mostra que visibiliza en Ribeira o traballo das redeiras

Ribeira RIBEIRA / LA VOZ

RIBEIRA

Inauguración da exposición Atadoras en Ribeira
Inauguración da exposición Atadoras en Ribeira

Trátase dunha escolma fotográfica impulsada polo Concello, Cofradía da Dorna e Culturmar, que pode verse no centro Lustres Rivas

12 abr 2025 . Actualizado a las 16:14 h.

Atadoras é a nova mostra que pode visitarse no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Trátase dunha exposición fotográfica  impulsada polo Concello de Ribeira, Cofradía da Dorna e Culturmar que pon en valor o traballo das redeiras, mulleres imprescindibles no mundo do mar e piares fundamentais do patrimonio marítimo.

A inauguración contou coa presenza do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, quen destacou a importancia desta iniciativa cultural como antesala do vindeiro Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar en xullo na localidade despois de 32 anos. «Queremos ir quecendo motores para un evento que é moito máis ca unha festa: é unha oportunidade para recoñecer as profesións vinculadas ao mar e sentirnos orgullosos da nosa historia mariñeira», afirmou.

O rexedor agradeceu a José Luis Rodríguez Ruza, autor da mostra, o seu traballo á hora de capturar, a través da cámara, a esencia dun oficio transmitido de xeración en xeración. «As imaxes que vemos aquí podería dicirse que ata teñen sentimento», sinalou, destacando que estas fotografías visibilizan a dureza, precisión e paciencia do labor das atadoras.

Na presentación tamén interviñeron a concelleira de Cultura, Antía Alberte; Marcos Buíde en representación da Federación Culturmar e Anxo García como representante da Cofradía da Dorna. Os promotores convidan á cidadanía a visitar a exposición e implicarse nos actos previos ao Encontro de Embarcacións Tradicionais