
As doazóns poderán realizarse ata mañá venres
21 ago 2025 . Actualizado á 17:30 h.A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) está a organizar unha caravana solidaria para enviar aos campamentos do Sahara medicamentos e diverso material sanitario. Para iso puxo en marcha unha campaña de doazón á que se sumou Rianxo con varios puntos de recollida.
As persoas que queiran colaborar poderán facelo entregando material na casa do concello, a piscina municipal, o colexio Brea Segade e nas farmacias de Rianxo. As doazóns poderán realizarse ata mañá venres e aquelas persoas que prefiran achegar diñeiro para a compra de medicamentos poden facelo a través da conta bancaria ÍAN ES48 2080 5056 1130 4006 3331.
Entre os artigos que se necesitan hai desde paracetamol e ibuprofeno para nenos e adultos ata xaropes antitusivos e mucolíticos, vitaminas, ferro, anestésicos, corticoides e antibióticos, pomadas de diverso tipo e colirios, entre outros. Para obter información máis detallada sobre a iniciativa, Sogaps pon ao dispor dos interesados un correo electrónico e un número de teléfono: sogaps.oficial@gmail.com e o número 679 408 524.