
O condutor detivo o seu vehículo en Rianxo cando viu saír fume da zona de dianteira
20 ago 2025 . Actualizado á 19:17 h.Pouco antes das seis da tarde deste mércores, un vehículo que estaba a circular pola autovía de Barbanza, á altura de Rianxo e en dirección a Ribeira, comezou a arder. O condutor detivo o coche na beiravía cando viu saír fume da zona dianteira do automóbil.
Aínda que intentou sufocar as chamas, nada puido facer e pronto o lume comezou a gañar terreo. Bombeiros do parque de Boiro acudiron ao momento para sufocar o incendio, aínda que a parte dianteira do vehículo xa estaba seriamente danada, tanto o exterior como o interior.
Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Policía Local e de Protección Civil de Rianxo, así como patrullas da Garda Civil e de Tráfico.