
Un acto serviu para celebrar o primeiro curso deste novo servizo
09 jul 2025 . Actualizado á 16:09 h.O Concello de Rianxo, coa colaboración da Consellería de Política Social, puña en marcha este curso unha unidade de atención temperá dirixida a axudar aos nenos que presentan trastornos no seu desenvolvemento. Ata o momento, un total de sesenta familias acudiron a este novo servizo, e moitos dos cales melloraron considerablemente e recibiron a alta.
O pazo de Rianxiño acolleu o acto de clausura deste primeiro curso, no que os pequenos recibiron un diploma polo seu gran traballo. O alcalde, Julián Bustelo, agradeceu a confianza das familias e recoñeceu que «sempre estarei orgulloso» da posta en marcha desta unidade .