
O alcalde e a concelleira de Cultura visitaron a Isolina Santos no seu domicilio de Queiruga
04 ago 2025 . Actualizado á 11:47 h.Porto do Son conta cunha nova veciña centenaria. Isolina Santos, residente na parroquia de Queiruga, soprou as cen velas rodeada dos seus fillos, netos e bisnietos. Tamén recibiu a visita do alcalde, Luis Oujo, e da concelleira de Cultura, Alicia Martínez, que lle quixeron trasladar persoalmente as súas felicitacións e agasallala cun ramo de flores.