Dous menores, trasladados ao hospital por inhalación de fume nun incendio en Porto do Son

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

PORTO DO SON

CEDIDA

As chamas afectaron á cociña da vivenda na que se atopaban

15 jun 2024 . Actualizado á 17:48 h.

Dous menores de idade foron trasladados ao hospital como medida de precaución despois de estar expostos ao fume dun incendio que se declarou na súa vivenda, no lugar de Outeiro Baixo, en Porto do Son.

A alarma dérona os propios rapaces preto das dúas e media da tarde deste sábado cando se declarou o incendio na cociña do inmoble, unha vivenda unifamiliar. Cando chegaron os equipos de emerxencias, os menores xa estaban fose da casa xunto á súa nai e aparentemente o seu estado era bo, pero decidiuse o seu traslado para ser examinados. As chamas afectaron unicamente á cociña, que quedou esnaquizada, e orixinouse unha densa fumareda negra.

No dispositivo de extinción participaron os bombeiros de Ribeira e Boiro, Protección Civil, Policía Local, GES de Noia, Guardia Civil e unha ambulancia do 061.