A cita incluirá a proxección dun documental e un coloquio
22 oct 2025 . Actualizado á 17:25 h.Cada 24 de outubro conmemórase o Día Mundial Contra a Polio, e con este motivo o venres, ás 19.00 horas, celebrarase en Outes unha xornada especial dedicada a esta enfermidade. A actividade desenvolverase no local de ULA Libraría Social, na Serra de Outes, e iniciarase coa proxección do documental Polio, crónica dunha neglixencia.
A continuación, sobre as 20.15 horas, darase paso a un coloquio no que intervirá o médico Xosé María Dios; a escritora Marisol Bravos López, autora do libro Unha historia de superación; e o activista social e veciño de Outes Vicente Abelleira Cambeiro.