Touriñán e Perdomo, xuntos no Liceo de Noia con «Amoriños»

La Voz

NOIA

David Perdomo y Xosé Antonio Touriñán en «Corentena»
David Perdomo e Xosé Antonio Touriñán en «Corentena» AIGI BOGA

O dúo saltará ás táboas do edificio da sociedade o próximo día 21

12 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Noia será o punto de partida da xira de Amoriños, o novo espectáculo de Xosé Antonio Touriñán e David Perdomo. Trátase dunha montaxe chea de humor, improvisación e emoción, no que o dúo explora o sentimento máis perigoso de todos: o amor. A parella cómica desembarcará o próximo día 21, ás 20.30, no escenario do Liceo e as entradas xa están ao dispor do público na plataforma Ataquilla ao prezo de 15 euros.

Despois de espertar as gargalladas do respectable con Corentena e Corentena- Game over, o dúo retoma a súa química escénica cunha comedia sobre citas tolas, paixóns imposibles e encontros que non deberían suceder. Este novo espectáculo conta con textos orixinais de Touriñán e Perdomo, co asesoramento de Noemí Rodríguez e a dirección e produción de Laura Canto. O equipo complétase con Gonzalo Porteiro na iluminación e o complemento técnico e artístico da firma Ainé.

Noia marcará o punto de partida dunha intensa tempada teatral que percorrerá diferentes puntos de Galicia, entre os que figuran Vigo, Vilagarcía, Santiago e A Coruña.