The Rapants, Óscar Ibáñez, París de Noia e O Combo Dominicano, no San Bartolomeu

NOIA

The Rapants será uno de los conciertos de las fiestas
The Rapants será un dos concertos das festas MARIA SANTAMARIA

O concelleiro de Cultura, José Pérez, avanzou as actuacións e anunciou que a Banda de Música será a pregoeira

12 ago 2025 . Actualizado á 12:59 h.

Con sorpresa incluída, o concelleiro de Cultura de Noia, José Pérez avanzou o programa de actuacións musicais do San Bartolomeu, que arrincará o día 22. Entre os grupos, un cuxo nome non pode desvelarse por agora. Unha formación española de longa traxectoria que, ademais, actuará gratis na Alameda. O resto das formacións tamén elevan o nivel. 

O pregón inaugural correrá a cargo da Banda de Música de Noia, unha homenaxe polos seus 135 anos de historia, dixo José Pérez. A verbena desa noite correrá a cargo dA Oca. O  sábado, por primeira vez en moito tempo, dixo o edil, a formación da casa: París de Noia. Esa xornada tamén terá lugar a celebración do San Cosmeiro, que levará aparellada unha actuación a cargo de Óscar Ibáñez na praza de Ou Tapal.  Previamente, a organización do San Cosmeiro quere levar a cabo unha foliada libre durante a tarde.

Polo que respecta ao domingo, chegará ao San Bartolomeu o que agora mesmo é un grupo de referencia: The Rapants, os de Muros estarán na praza de Ou Tapal.  O luns desembarcará na vila O Combo Dominicano e tamén fará sesión de discoteca móbil a cargo de Chocolate. En canto ao día 26, haberá un concerto da Misela e verbena con Marbella.