
O documento presentouse nunha sesión clínica no centro de saúde de Noia
26 jun 2025 . Actualizado á 16:38 h.A asociación Agadea, que aguzosa apoio a persoas con alzhéimer e outras demencias e ás súas familias, publicou unha guía destinada aos coidadores dos pacientes. Trátase dunha ferramenta práctica e accesible que busca «acompañar a quen coida desde a empatía, o coñecemento e a experiencia acumulada da entidade». O documento deuse a coñecer no centro de saúde de Noia.
A sesión contou coa participación de diversos profesionais do centro, desde persoal médico de atención primaria a enfermería, traballo social e outras especialidades. No encontro púxose en valor o papel fundamental das persoas coidadoras, tanto no ámbito familiar como profesional.
A guía recolle recomendacións prácticas, estratexias de autocuidado, claves para a comunicación e o manexo de situacións complexas e recursos e dereitos das persoas coidadoras. Está dispoñible gratuitamente en formato dixital na web de Agadea, e tamén pode solicitarse en formato físico contactando coa asociación.