Marcos del Río proclamouse campión provincial de tiro ao prato en modalidade olímpica

Xoán Ramón Alvite Alvite
X. R. Alvite MAZARICOS / LA VOZ

MAZARICOS

Del Río estuvo acompañado en el podio por Fabián Domínguez y Yago Lanzós.
Del Río estivo acompañado no podio por Fabián Domínguez e Yago Lanzós. CEDIDA

O mazarico demostrou gran destreza e puntería para imporse na cita desenvolvida no campo de tiro da Revolta

25 jun 2025 . Actualizado á 12:23 h.

O campo de tiro da Revolta, na localidade dAs Pontes, acolleu o segundo campionato provincial de tiro ao prato na modalidade de foso olímpico. Entre todos os participantes da cita sobresaíu o mazarico Marcos del Río, que fixo gala dunha gran destreza e puntería e acabouse levando o título.

Dun total de 125 que se lanzaron, Del Río rompeu 114 na primeira rolda, o que lle deu o pase á final. No momento decisivo, o mazarico fixo branco en 44 dos 50 pratos que voaron no campo de tiro da Revolta. Unha gran marca que lle deu o campionato provincial.

Marcos del Río subiuse todo o máis alto dun podio no que estivo acompañado por Fabián Domínguez, de Dumbría, no segundo caixón e Yago Lanzós, de Outeiro de Rei, que ocupou o terceiro chanzo.