O mar de ardora non teme o frío

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

CARNOTA

Ana García

Mostras tomadas en Estorde (Cee) e Carnota guindan varias curiosidades

09 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

«Metías unha botella debaixo da auga, axitabas e parecía que tiñas unha bengala. Algo espectacular. Alí hai moi pouca contaminación lumínica, e é ademais unha praia moi recollida, sen pendentes, segura». Así explica Fran Rodríguez, investigador do Instituto Español de Oceanografía, o vivido na madrugada do domingo ao luns na praia de Estorde (Cee). Vén bastante á Costa da Morte ultimamente para tomar mostras que permitan coñecer un pouco mellor o fenómeno de bioluminiscencia coñecido como mar de ardora, expedicións que acompaña a fotoperiodista de La Voz e autora de Mar de ardora, mar de Galicia, Ana García.

Nesta ocasión fixérono non en barco, senón a pé, na beira, «meténdonos ata o xeonllo». O mesmo fixeron ese día na praia de Carnota, e o resultado é cando menos curioso. Primeiro, porque o organismo que causa a luz azul nisto dous puntos non é a noctiluca —da que si houbo concentración estes últimos días na ría de Pontevedra— senón o dinoflagelado alexandrium tamarense. Segundo, porque había máis concentración en augas de Estorde, a 13 graos, que nas de Carnota, a 17. «En Cee 55.000 por litro e en Carnota 32.000», precisa: «Si é algo chamativo, cando fas estudo en laboratorio e vas metendo temperatura, medran máis. No mar pode haber moitos factores».