O naseiro Primitivo Pedrosa, elixido candidato do BNG de Carnota aos comicios municipais do 2027

CARNOTA

Primitivo Pedrosa, candidato a la alcaldía de Carnota en las elecciones del 2027
Primitivo Pedrosa, candidato á alcaldía de Carnota nas eleccións do 2027 Cedida

Patrón da embarcación María Rosa, representa aos armadores da pesca de baixura na confraría de Muros

28 may 2025 . Actualizado á 22:45 h.

A asemblea local do BNG de Carnota acaba de dar o pistoletazo de saída á carreira electoral para os comicios municipais do 2027 elixindo por unanimidade a Primitivo Pedrosa como cabeza de cartel. O designado é un coñecido naseiro, socio da confraría de Muros, na que representa aos armadores da pesca de baixura. Dedicado boa parte do ano a campaña do polbo a bordo do pesqueiro María Rosa, ten sobrada experiencia no mundo do mar. De feito, é membro da comisión de pesca do BNG e formou parte nas distintas candidaturas da formación. Dende o BNG destacan o seu labor incansable «a prol dos intereses dos traballadores do sector pesqueiro en distintas instancias». Indican que participou en foros no Parlamento Europeo e na comisión europea.

Primitivo Pedrosa xa formou parte da candidatura ás eleccións municipais no 2023. Os compañeiros de formación política poñen de manifesto a capacidade de Pedrosa para buscar solucións. Apuntan que a militancia considera que «é o mellor candidato posible para enfrontar os grandes retos que ten por diante o noso Concello, que se atopa nunha preocupante situación de parálise por falta de ideas».