O pazo de Goiáns volverá ser o epicentro das Letras Galegas cunha gran romaría

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

Imaxe de arquivo da Romaría das Letras do Barbanza
Imaxe de arquivo da Romaría das Letras do Barbanza CARMELA QUEIJEIRO

Unha feira artesá e literaria, obradoiros e actuacións compoñen o programa

11 may 2025 . Actualizado a las 16:15 h.

De novo, e son xa catorce edicións, Concello de Boiro e Asociación Cultural Barbantia uníronse para a converter o pazo de Goiáns no epicentro da festa das Letras Galegas na bisbarra coa celebración dunha gran romaría o día 17. De presentar o extenso programa de actividades encargáronse, tendo como marco o emblemático edificio, a concelleira de Cultura, María Outeiral, e a presidenta de Barbantia, María Xesús Blanco.

As portas do recinto abriranse ás 11.00 e media hora despois arrancará a feira artesá e literaria cos expositores dos colectivos colaboradores. Entre eles figuran Sancosmeiros, Artesanías Amorote, Sin Norte Creativas, Palilleiras Revolteir@s e ganchilleiras de Bealo. Tamén estarán presentes as librarías Espazo Nobel de Boiro e Ler da Pobra e non faltarán á cita creadores como Che Tembra ou Rositas Artesanía. Outro dos alicientes será un obradoiro de instrumentos tradicionais con Os Menestreis e a cargo de Xulio Gutiérrez.

As programación realizaranse de xeito ininterrompido ata as dez da noite. Ata ese momento sucederanse as actividades. Ás 12.00 horas actuarán no escenario grande Pedra da Aroña e o Grupo Abeloura, mentres que ás 13.30 terá lugar unha foliada.

Xantar popular

A Romaría das Letras do Barbanza é un encontro que busca facer unión, por iso ten lugar un xantar popular. Unha vez rematado volve os actos, neste caso as presentacións literarias.

Correrán a cargo de Celia Díaz, que presentará o libro A avoa canta como a catovía e de Carlos Callón, coa súa obra titulada Maxicamente vella, eternamente nova. Ademais, terá lugar a entrega institucional da peza da Serea, de Susi Gesto, e un espectáculo teatralizado do grupo Airiños de Rianxo.

O diverso programa de actividades ten en conta aos pequenos e ás familias. Por ese motivo, ás cinco da tarde haberá, a cargo de Marta Ríos, unha visita teatralizada para familias. Despois, ás seis e media, terá lugar un baile galego con Xilbarbeira e o grupo de Abanqueiro. A xornada rematará cun concerto con Carmela e Nunca é Tarde.

A concelleira de Cultura e a presidenta de Barbantia animaron a toda a veciñanza a asistir ao pazo de Goiáns para desfrutar da Romaría das Letras.