Un home quedou inconsciente ao ser golpeado pola porta dun cortello en Boiro

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BOIRO

El 061 movilizó un helicóptero que trasladó al herido a Santiago
O 061 mobilizou un helicóptero que trasladou ao ferido a Santiago Sandra Alonso

Un veterinario estaba a vacinar a unhas vacas, cando estas saíron do inmoble a gran velocidade

04 jun 2024 . Actualizado á 17:29 h.

Unhas vacas dunha granxa de Cures protagonizaron esta mañá un incidente que acabou cunha persoa ferida de consideración e que tivo que ser trasladada nun helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico de Santiago. Segundo explicaron desde o Centro Integrado de Atención de Emerxencias do 061, sobre as once da mañá recibiuse a chamada dun home que se identificou como un veterinario, e que explicou que acudira á explotación para vacinar ao gando.

Ao parecer, cando se dispoñía a manipular aos tenreiros, varios animais saíron do cortello a gran velocidade e empuxaron a porta, que golpeou ao propietario da instalación que se atopaba xusto ao lado. Como consecuencia do forte impacto, este caeu ao chan e quedou inconsciente.

Debido á avanzada idade do ferido -91 anos- e a que as lesións na cabeza poderían ser de gravidade, decidiuse alertar ao helicóptero sanitario, ademais da unha ambulancia do 061, así como á Policía Local, Protección Civil e Guardia Civil de Boiro.

Fortuíta

Aínda que nun primeiro momento, o home perdeu a consciencia, aos poucos/pouos minutos recuperouna e puido recibir as primeiras asistencias sanitarias antes de ser trasladado ao complexo hospitalario de Santiago.

Segundo explicaron os membros do operativo de emerxencia, tratouse dun accidente fortuíto, posto que o ferido se atopaba moi preto da porta do cortello cando os animais saíron a gran velocidade.