«Pluribus»

Manuel Gago
Manuel Gago VERMELLO CONTRA O MAR

BARBANZA

Rhea Seehorn, en  Pluribus
Rhea Seehorn, en Pluribus Apple TV+

19 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Estes días vin os primeiros episodios de Pluribus, unha nova serie que se emite en Apple TV. Tenme abraiado. A produción audiovisual está protagonizada por unha escritora de moi mal xenio que non fica afectada por un virus que converteu a case toda a humanidade nun único ser global.

 É dicir, un único ser pensante que actúa a través de toda a humanidade e aplica a memoria a coñecemento duns nos outros. Podes pasar de recoller cadáveres na guerra do Líbano a pilotar un Boeing intercontinental sen pasos intermedios. Tes todo o coñecemento, tes toda a experiencia do resto da humanidade. Pareces vivir, ademais, nun beatífico limpo de felicidade, inalterable.

O que no primeiro episodio interpretei como unha sátira liberal sobre o comunismo e os réximes autoritarios desa matriz, mudou a outra cousa no segundo: recoñecín as conversacións que manteño a diario con axentes de intelixencia artificial e esa estraña sensación, cada vez máis patente, de que o coñecemento e o seu procesamento está todo nas nosas mans sen situacións nin individuos intermedios, sen ter que matarnos a pensar.

Que todo se sabe en todo momento, que todo está aí para che axudar, listo para a túa vontade. Como esa nova humanidade non é maligna e tenta axudar á desquiciada protagonista, a situación é aínda máis desacougante.

Ese gran cerebro de miles de millóns de persoas convértese nun intrigante monstro que nos obriga a pensar que facer a partir de agora, cando ese mega cerebro está a centímetros da nosa man. Poucas reflexións mellores sobre a intelixencia artificial.