Noia camiña para sumar fondos contra o cancro

M. X. B.

BARBANZA

cedida

A andaina solidaria partirá da alameda ás 17.00 horas do sábado

18 sep 2025 . Actualizado á 12:37 h.

Os noieses poranse de novo en marcha este sábado para sumar fondos que se destinarán á loita contra o cancro. A camiñada arrincará ás 17.00 da alameda, para discorrer polo centro histórico e o paseo marítimo durante uns tres quilómetros. A recollida de dorsais poderase realizar o mesmo día, entre as 11.00 e as 16.30, no punto de partida. Aquelas persoas que desexen achegar o seu gran de area á causa sen participar na ruta poden facer as súas doazóns a través da páxina web da Asociación Española Contra o Cancro.

A concelleira de Deportes, Sandra González, fixo un chamamento á cidadanía «para participar nunha iniciativa que combina saúde, unión e compromiso social fronte a unha enfermidade que nos afecta a todos».