Respecto á natureza

Ciprián Rivas VELAÍ

BARBANZA

Estraña é que os gardiáns do parque Nnatural non<br />levante acta e a tramiten, onde corresponda, que leve a restablecer<br />ou equilibrio medioamhiental
Estraña é que vos gardiáns do parque Nnatural non
levante acta e a tramiten, onde corresponda, que leve a restablecer
ou equilibrio medioamhiental CIPRIÁN RIVAS

08 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Aconsideración que todos deberíamos manter coa natureza debería ser de respecto e de coidado co medio natural. E todo aquel/aquela que non considere este principio; nós, os seres humanos e as propias empresas nas que traballamos, teremos que ser obxecto dunha formación específica orientada a educarnos para fomentar a sensibilidade e o compromiso co planeta. No probable caso de que isto non cause efecto, terían que tomarse as medidas oportunas para corrixir comportamentos incívicos que emporcan o hábitat no que nos desenvolvemos.

Moito máis, se a empresa na que traballamos está dedicada á alimentación humana. O abandono polo persoal das normas hixiénicas fóra do posto do traballo non debe significar que saíndo dese espazo todo se volva podre. Di pouco da formación duns traballadores onde a hixiene, o trato ao produto, esquecese no intre en que se sae das súas instalacións. E, por ende, da responsabilidade social corporativa da firma onde traballan, si é que a ten.

Se a empresa está dentro da contorna do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán estes coidados estremaranse. Latas de cervexa, papeis, cabichas, plásticos, mondas de plátano espallados polo chan presentan abandono do medio ambiente e refiren perda de imaxe para a propia conserveira. O que estraña é que os gardiáns do parque natural non levanten acta e a tramiten, onde corresponda, que leve a restablecer o equilibrio natural, máxime cando a menos de 20 metros existen uns contedores para o lixo.