
Miguel García Souto, fillo do fundador, faleceu aos 66 anos
05 jul 2025 . Actualizado á 18:36 h.A vila noiesa perdeu onte a un coñecido veciño, Miguel García Souto, fillo do fundador da orquestra París de Noia. Tomou a vez do seu pai e durante anos foi director musical e pianista. Foi un dos artífices da conversión das orquestras tradicionais nun espectáculo con escenarios móbiles e montaxes de grande altura.
Nas súas redes sociais, a orquestra París de Noia facíase eco do falecemento de Miguel García, aos 66 anos, definíndoo como «alguén que formou e formará parte da nosa historia» e indicando que «xa nada será o mesmo». Tamén desde a área de Cultura do Concello de Noia expresaron as súas condolencias pola morte.