Carla Sesar colgouse a medalla de ouro na President's Cup

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Carla Sesar junto a Pablo Carou, entrenador, en la capital de Bulgaria.
Carla Sesar xunto a Pablo Carou, adestrador, na capital de Bulgaria. CEDIDA

Tomasa Franco e Víctor Videla non puideron pasar da segunda rolda

17 may 2025 . Actualizado á 17:48 h.

A capital de Bulgaria está a acoller unha prestixiosa competición de taekuondo, a President's Cup, que outorga puntos para o ránking mundial e olímpico e dá prazas para o europeo sub-21, polo que acoden a esta cita deportistas de moito nivel. Entre eles hai oito de clubs barbanceses e ningúns deles xa competeron. Carla Sesar, do Natural Sport, segue confirmándose como unha das grandes promesas do taekuondo galego e en Sofía colgouse a medalla de ouro na categoría júnior.

Despois de vencer no Open de Serbia, a deportista do Natural Sport logrou unha nova vitoria que ratifica a súa traxectoria ascendente e dálle confianza para afrontar as próximas e esixentes competicións, como o campionato de Europa júnior e o europeo sub-21, para o que xa ten o billete directo.

Tamén pelexaron Tomasa Franco e Víctor Videla. Neste caso, os representantes do club barbancés non puideron pasar da segunda rolda. «Combates moi disputados aos que lles faltou dar a puntilla para seguir avanzando», sinala a entidade, que indica que continuará «traballando para que os nosos cheguen aos torneos nas mellores condicións posibles».