Fe Núñez reivindicou a mirada sensible da poesía

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

A escritora de Melide presentou o seu libro «En sístole» no acto mensual de Barbantia

01 dic 2024 . Actualizado a las 20:18 h.

Aínda que Fe Núñez é nada na parroquia de San Cosme, en Melide, a súa vinculación coa comarca vén de lonxe: desde que decidiu ter casa en Boiro para pasar longas tempada. Precisamente na Libraría Espazo Lector deste municipio presentou este venres o seu poemario, En sístole, dentro do acto mensual que organiza a asociación cultural Barbantia.

 A presidenta deste colectivo, María Xesús Blanco, foi a encargada de ler uno dos poemas deste libro, ademais de recoñecer que o que máis lle gustou do poemario «é que fala da necesidade de regresar ao lugar das raíces, unha homenaxe ao país, á lingua e á poesía». Tamén fixo fincapé nisto o escritor Antón Riveiro Coello, que destacou a gran calidade do libro de Fe Núñez, do que recoñeceu unhas referencias literarias moi atinadas, unha gran sensibilidade, ao que engadiu «a súa conexión co rural e lealdade ás raíces».

No quenda de palabra da protagonista quixo deixar claro que no hai culturas «nin altas ni baixas, hai unha milenaria ligada á terra, ademais doutra académica. As dúas son culturas, non hai unhas superiores a outras», sinalou Fe Núñez.

 Integración

Destacou que o seu poemario integra esas dúas vertentes, porque entende que ambas aportan coñecemento e non ten por que haber ningunha contradición entre a vangarda e o mundo rural. «A poesía é unha mirada sensible sobre o mundo e é utilizado para que? Para ver a beleza do cotiá que nos ordena o mundo, apaña a delicadeza humana e nos fai desfrutar do diálogo con nós mesmos», dixo.

Non faltou outra lectura duns dos poemas que forman parte de En sístole, e foi Antón Riveiro Coello o encargado de poñer voz a estes versos que Fe Núñez dedicou ao seu pai, que lle contaba sempre un relato relacionado cos traballos.

 Tamén desvelou a escritora de Melide outra dos curiosidades do seu traballo, xa que todas as súas creacións van acompañadas dunha fotografía tomada por ela mesma, pero que o poema sempre foi escrito antes de capturar a imaxe.