Penúltima xornada crave para os intereses de Puebla , Unión de Asados e Valiño

La Voz RIBEIRA

BARBANZA

FUTBOL PUEBLA - UNION PRIMERA GALICIA
CARMELA QUEIJEIRO

A Esteirana xogará no Xosé Luis Vara desde as 17.00 contra o Sport Team Estrada

12 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Primeira Galicia está a piques de baixar o pano, pero a falta de dúas xornadas os equipos da área de Barbanza aínda teñen moito en xogo. As tempadas de Puebla , Unión de Asados e Valiño dependen, en gran medida, do que ocorra esta tarde nos seus respectivos encontros.

O Puebla visita ás 17.00 horas o campo do Bertamiráns. Unha vitoria confirmaría a súa presenza na fase de ascenso a Preferente. O único equipo que pode evitar que os pobrenses acaden a liguiña é o Unión, terceiro clasificado a catro puntos dos da Alta. O bloque dirixido por Jose Luis González xogará ás 17.00 no campo do Cordeiro para buscar unha vitoria e agardar que o Puebla pique.

A batalla do Valiño é outra. Os boirenses pretenden manter a categoría e para iso deberán vencer en casa no seu choque das 18.00 ao Dumbría. O equipo atópase décimo cuarto, catro puntos por amais do descenso.

Nunha situación máis cómoda está a Esteirana. Os muradáns xogarán no Xosé Luis Vara desde as 17.00 contra o Sport Team Estrada. Ocupan a undécima posición a sete puntos da zona quente.