A Orquestra Sons ofrecerá un novo concerto con temas de «Ben Hur»

M. X. B.

BARBANZA

cedida

Será o 24 deste mes e participarán unha trintena de músicos

08 mares 2024 . Actualizado ás 14:41 h.

Unha trintena de músicos participarán no concerto que a Orquestra Sons ofrecerá o 24 deste mes. A formación dirixida por Alexandre Millet interpretará un repertorio temático, ao redor da banda sonora de Ben Hur, a película dirixida por William Wyler. A cita foi fixada para as 20.00 horas, na igrexa de Santa Uxía.

Alexandre Millet explicou que o concerto incluirá unha serie de temas inspirados na música de Semana Santa, así como a obra Memorias dunha illa, que se inspira nas historias e as lendas de Sálvora. No concerto que ofreceu por Nadal, a Orquestra Sons reuniu a 600 espectadores na lonxa e agora aspira a repetir un cheo no templo parroquial.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, destacou o traballo que realiza Alexandre Millet na recuperación e divulgación da música galega e a historia do municipio. «Dende o Concello queremos promocionar aos artistas locais e colaborar na posta en valor da nosa cultura, tentando que Ribeira teña unha programación cultural de primeiro nivel», sinalou o rexedor.