
A conselleira de Política Social visitou a sede da Creba
10 dic 2021 . Actualizado á 05:00 h.A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou onte a sede da Creba en Ribeira para apoiar a súa loita contra a estigmatización das enfermidades de saúde mental. Nesta entidade traballan axudando á integración social de persoas afectadas.
García estivo acompañada pola edila de Cultura de Ribeira, María Sampedro, e o presidente da Creba, Ramón Girón. Na súa intervención, este destacou o apoio da conselleira: «É moi receptiva aos nosos problemas».
Pola súa banda, Sampedro falou sobre a achega de 3.000 euros do Concello para mellorar o transporte da asociación.
Fabiola García subliñou a posta en marcha do Plan de Saúde Mental e a colaboración coa Creba. A visita concluíu cun percorrido polas instalacións, onde falaron cos usuarios.