Hemeroteca: Santiago Carrillo encabezaba unha manifestación en Ribeira

BARBANZA

BENITO ORDÓÑEZ

O líder do PCE participou na capital barbancesa nunha protesta contra o ingreso de España na OTAN

26 sep 2020 . Actualizado á 21:11 h.

A entrada de España na OTAN a comezos dos anos 80 estivo precedida dun importante rexeitamento que verbalizaron formacións como o Partido Comunista. O histórico Santiago Carrillo en persoa púxose a cargo das manifestacións convocadas en todo o país para mostrar o rexeitamento á entrada á Alianza Atlántica, e unha das protestas que encabezou discorreu polas rúas da capital barbancesa.

Tal día como hoxe de 1981, distintas cidades de Galicia eran escenario de manifestacións contra o ingreso na OTAN. A máis numerosa, cuns 1.500 participantes, foi a celebrada en Vigo, pero foi en Ribeira a cidade elixida polo líder do PCE para porse detrás da pancarta co lema «OTAN non».

A mobilización non serviu de moito, xa que apenas uns meses máis tarde, en maio de 1982, España pasaba a formar parte da Alianza Atlántica, na que continúa despois de que gañase o «si» no referendo celebrado en 1986.