O Exército vixiaba por vez primeira a serra barbancesa

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRA

Os soldados instalaron o seu campamento basee en Baroña

21 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un destacamento pertencente ao Terzo Norte de Infantería de Marina montaba, hai 14 anos, o seu campamento basee en Baroña. Era a primeira vez que o Exército tomaba os montes da comarca co fin de loitar contra os incendios forestais. Tres patrullas integraban este dispositivo especial, froito da firma dun convenio entre a Xunta e o Ministerio de Defensa, e percorrían cada día 600 quilómetros. O método de traballo pasaba pola instalación de observatorios nos lugares máis elevados da zona, como Iroite, A Curota, San Roque e Enxa, para detectar desde eles posibles lumes e alertar aos equipos de extinción.

A Infantería de Marina trasladouse aquel ano a Barbanza con vehículos especiais, visores nocturnos, telémetros láser para medir distancias e outros dispositivos tecnolóxicos. Os militares volveron despregarse nos veráns seguintes polos montes da comarca co fin de achegar un importante gran de area á loita contra o lume.