A Escola Oficial de Idiomas abre o derradeiro prazo de matrícula

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

22 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Vilagarcía de Arousa abrirá o vindeiro luns, 25 de agosto, o seu derradeiro prazo de matriculación para poder cursar estudos no centro o vindeiro curso. Unha oferta que inclúe media ducia de idiomas: alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués.

Os interesados poden anotarse a través de ligazón https://www.eoidigital.com/preinsxuntavacantes ata o 19 de setembro.

Ademais dos cursos oficiais, a EOI seguirá a impartir cursos de destrezas lingüísticas, sen exame, pero con certificación de horas, cursos CELGA e de Linguaxe Administrativa, incorporando un curso de galego B1 e introducindo diferentes novidades en cada unha das seis linguas oficiais ofertadas pola Escola Oficial de Idiomas.