Reclaman o amaño da rúa Aduana en Carril

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Os veciños denuncian as fochancas e o peche da calexa dos Peletres

03 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Veciños do Carril esixiron onte ao Concello de Vilagarcía que proceda ao arranxo do firme da rúa Aduana. «Hai fochancas que están a provocar pinchazos das rodas e problemas de palieres nos automóbiles», aseguran os habitantes da zona, que denuncian, tamén, o peche da calexa dos Peletres, que comunica a sé da confraría coa zona da lonxa e da Alameda carrilexa.