Unha única empresa opta a facer a ampliación da piscina de Vilagarcía

La Voz LA VOZ / VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O Concello estudiará agora a viabilidade económica e técnica desta proposta

09 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha única empresa presentou oferta para asumir as obras de ampliación da piscina municipal de Vilagarcía. Así o informaron este martes os técnicos municipais, despois de que pechara o prazo de presentación de ofertas o luns, ás 23.59 horas. Agora o Concello terá que estudar a oferta a nivel técnico e económico, para saber si cumpre cos requisitos da licitación. Prevese que a revisión finalice a comezos de xuño.

Dende a oficina técnica explican que é totalmente normal que concorran poucas empresas a este tipo de contratos. Trátase, neste caso, dun proxecto moi complexo que conta cun presuposto moi alto, en concreto de 3,2 millóns de euros. A empresa que asuma as labores terá un ano para sacar adiante a obra: un novo edificio que albergará un novo vaso e que conectará co existente a través dunha pasarela cuberta.

O proxecto, redactado polo arquitecto Jesús San Vicente Domingo, xerou unha alta expectativa entre os usuarios e usuarias das actuais instalacións da piscina e dos clubs de natación e socorrismo da localidade. E vén completar as actuacións que xa se teñen realizado no complexo deportivo. Nese sentido, Ravella recorda que xa ten investido medio millón de euros na reforma dos vestiarios e da galería da fachada sur do edificio.