
O Concello ofrecerá un amplio cartel de actividades culturales, lúdias e gastronómicas o sábado 30 de agosto
20 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A edición número 35 da Festa da Anguía e a Mostra da Caña do País prepárase para o seu día grande cun cartel repleto de propostas culturais, lúdicas e gastronómicas para todas as idades.
O sábado 30, a festa declarada Interese Turístico de Galicia repartirá ata mil tapas de anguía no Parque Irmáns Dios Mosquera. Estas poderán degustarse de cinco formas, catro delas elaboradas polo cociñeiro Álex Iglesias e a quinta cociñada polo bar O Pontellón, que foi o gañador do primeiro premio da última edición da ruta Tapa a Anguía, cun petisco baixo o nome de Do río ao Prato, pasando pola leira, que consistía nunha crema de grelos con anguía rebozada en panko sobre pan negro con toque picante. Ao mesmo tempo, os bares da zona servirán petiscos de forma gratuíta coas consumicións os sábados 23 e 30 e os domingos 24 e 31, realizando así a duodécima edición da ruta Tapa á Anguía.
Por outra banda, a augardente será tamén protagonista a noite do sábado 30, xa que no mesmo parque poderanse probar ata catro variedades de cócteles elaborados con caña branca, de herbas e tostada. No Centro de Interpretación da Caña producirase unha demostración de destilado tradicional da augardente a cargo de dous cañeiros de Valga.
O sábado 30, ás oito da tarde, será pronunciado o pregón a cargo de Xerardo Pereiro, o gañador do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo en 2024. A continuación farase entrega dos premios aos gañadores dos concursos de Anguía Chef, Caña do País, Embelecer Valga, entre outros. Ás 16.30 horas, os pequenos tamén poderán participar na festa grazas a unha gran festa infantil con inchables, obradoiros de maquillaxe, tatuaxes e unha elaboración de imáns con materiais de refugallo. A noite estará amenizada por unha actuación da Banda de Música Municipal de Valga, o espectáculo do grupo Monoulious DOP, o grupo arxentino Ráfaga, a orquestra Charleston Big Band e o disc-jóckey Cristian Ávarez.