Un 38% de inserción laboral: estes son os datos do plan de emprego do Ullán

La Voz VALGA / LA VOZ

PONTECESURES

O Programa Integrado de Emprego (PÉ) no que Valla participou durante este ano xunto aos municipios de Dodro, Padrón, Rois, Catoira e Pontecesures, clausurouse este venres. A iniciativa supuxo un investimento de 300.000 euros, financiados pola Xunta e o SEPE, e dela beneficiáronse un total de cen persoas dos seis municipios, que «melloraron a súa formación e as súas posibilidades de atopar emprego grazas á colaboración entre as administracións autonómica e locais e o tecido empresarial da contorna». Das persoas participantes, o 38% conseguiron «insertarse no mercado laboral».

O obxectivo principal desta acción é, precisamente, ese: «Mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción laboral mediante accións personalizadas que combinaron orientación, formación e prácticas en empresas». A parte formativa centrouse en «sectores cunha alta demanda de persoal, como industrias alimentarias, fabricación mecánica, téxtil e confección, administración e xestión, comercio, hostalería...»