Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Chapela non dá opción aos seus rivais e agranda o seu liderado na liga Galega de Traiñeiras

Nieves D. Amil
Nieves D. Amil PONTEVEDRA / LA VOZ

O GROVE

Alba Tomé

Venceu na primeira Bandeira Feminina Concello do Grove, en Pedras Negras

20 jul 2025 . Actualizado á 20:55 h.

Coa ameaza de choiva desde o ceo e un mar moderado, Chapela-Wofco demostrou quen segue mandando en augas galegas. Fixérono o sábado en Oleiros e repetiron na primeira Bandeira Feminina Concello do Grove, que se celebrou este domingo en Pedras Negras. As redondelanas saíron na terceira quenda con Tirán-Pereira, Amegrove e Cabo de Cruz, que accedía ao grupo das favoritas tras quedar terceiras en Oleiros. Comezaron moi igualadas, pero con Chapela en primeira posición e a pouco máis dun  segundo sobre Tirán. Así se mantiveron ata a segundo virada, cando as de Chapela abriron unha fenda de dez segundos sobre as de Moaña, 18 sobre as anfitrioas e ata 30 segundos sobre Cabo de Cruz, que con ese tempo igualaba a Perillo, que se impuxo na segunda quenda. No terceiro xiro, a traiñeira patroneada por Olalla Martínez ampliou máis a súa vantaxe ata os doce segundos sobre Tirán.

A situación mantívose no último longo cando Chapela certificou a súa vitoria na bandeira, na xornada e na liga, onde suma xa a súa cuarta vitoria da tempada. Os resultados desta fin de semana pona a tres puntos de Tirán. Amegrove subiuse ao podio na casa e mantén esa terceira posición na clasificación xeral, seguida de Cabo de Cruz. Recorta un punto para Salgado-Perillo e dous a Mecos, na loita por meterse nos postos de honra.

A regata deste domingo estivo marcada pola clasificación do día anterior en Oleiros. Así, a pesar de chegar cuartas na clasificación, Mecos tivo que saír na primeira quenda por ser sexta o sábado. A traiñeira do Grove fixo valer o seu oficio e sacou vantaxe sobre os seus rivais no mar: Rianxo e Castropol. Na segunda quenda, Perillo impúxose á Cabana de Ferrol e a Cesantes-Bueu. Na terceira e definitiva quenda non houbo sorpresas e Chapela-Wofco confirmou que son as candidatas para levarse a liga Galega de Traiñas. «Iamos coa intención de sempre de ir a por todas e aínda que o mar estaba bastante difícil porque a onda viña de costado e había corrente, conseguímolo levar ben e gañamos», sinalou ao final da regata a patroa de Chapela, Olalla Martínez, que capitanea un equipo «mozos e con rabia para ir a por todas».