A fortuna comeza a asomarse por Arousa con dez décimos dun terceiro e dun cuarto premio na Centola Dourada e outros dez en Vilanova
22 dic 2024 . Actualizado á 18:07 h.Por manter a tradición, a lotería de Nadal deixou un belisco no Grove. Medio millón de euros repartiu A Centola Dourada co 11840, correspondente a un terceiro premio. Dez décimos que foron vendidos en portelo, segundo confirman desde a administración. Ademais, un cuarto premio co 77768 caeu en Vilanova onde se venderon dez décimos. En total, o sorteo do Nadal deixou, por agora, 700.000 euros na comarca arousá.
Isabel Castelló leva 25 anos a cargo da administración de lotería situada no centro de Vilanova. E, ata o de agora, nunca conseguira repartir un premio do sorteo de Nadal. Así que a súa alegría esta mañá foi moi grande cando se decatou de que vendera dez décimos do cuarto premio, o 77768. Na súa opinión, estes foron despachados por portelo, o que significaría que os compradores foron veciños da localidade e que o diñeiro se quedou, en gran medida, neste municipio. Porque aínda que en Vilanova hai moito turismo durante o verán, que sempre compran lotería, estes levan varios décimos dun mesmo número, polo que estas series pequenas, de só dez décimos, non llas adoita ofrecer.
Máis acostumado está Manuel Rodríguez, responsable da Centola Dourada, que o ano pasado repartiu 56 millóns cun segundo premio. "É incrible, que siga o refacho é espectacular", comenta, xusto antes de decatarse que tamén vendeu outros dez décimos doutro cuarto premio, o 48020. Noutra administración do Grove tamén caeu algo dun cuarto premio. Foi no estanco A Gaivota, na Aldea Comercial