Un coche choca con outros dous vehículos e un portal no Grove

La Voz O Grove

O Grove

O condutor resultou ferido e foi trasladado ao Hospital de Montecelo

26 ene 2024 . Actualizado ás 09:24 h.

A PO-317 ao seu paso por San Vicente do Grove rexistrou onte pola tarde un accidente de tráfico por unha saída de vía. Un vehículo chocou contra outros dous que permanecían estacionados e acabou chocando contra o portal dunha vivenda. O condutor foi trasladado ao Hospital de Montecelo e, a priori, o seu estado non revestía gravidade. 

O suceso, que tivo lugar ao fío das oito da tarde, mobilizou aos Servizos de Emerxencias do Grove.