Morat actuou este luns por sorpresa no Náutico de San Vicente

Leticia Castro O Grove / LA VOZ

O Grove

CEDIDA

O local acollerá esta fin de semana outros oito concertos sen anunciar de grandes artistas do panorama musical

27 jul 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O Náutico de San Vicente continúa un verán máis cun formato de concertos sorpresa que seguen atraendo ata ao Grove a moitos fieis que compran as entradas a cegas. O público tivo a oportunidade de gozar esta ponte de actuacións como a dos colombianos Morat, o madrileño Rubén Pozo, o vocalista de Sinistro Total, Miguel Costas, Anxo Stanich, ou as bandas The Rapants e Eladio e os seres queridos, entre outros artistas. Morat e a banda revelación, The Rapants desataron o delirio na Barrosa, convertendo a experiencia para os afortunados en inesquecible.

O mítico local, rexentado por Miguel de la Cierva, acollerá esta fin de semana outros oito concertos sen anunciar de grandes artistas do panorama musical por doce euros máis gastos de xestión. No mes de agosto programarán actuacións todos os días en sesión vermut, tarde e noite.O modelo instaurado tras a pandemia segue dando bos resultados ao local e parece que veu para quedar.