O BNG esixirá no Parlamento máis persoal e un novo centro de saúde para O Grove

La Voz

O Grove

MARUXA ALFONSO

Os nacionalistas fanse eco dunhas demandas que, nas últimas semanas, cristalizaron en diversas protestas veciñais

18 mares 2019 . Actualizado ás 21:09 h.

O BNG levará mañá ao Parlamento de Galicia unha proposición non de lei na que, seguindo un acordo plenario do Grove, insta a Xunta a dotar de persoal ao centro de saúde do Grove e a iniciar os trámites que conduzan á construción dun novo edificio sanitario nesta localidade arousá. Os nacionalistas fanse eco dunhas demandas que, nas últimas semanas, cristalizaron en diversas protestas veciñais.

No texto que defenderá mañá, en comisión, o Bloque Nacionalista, pídese á Xunta que substitúa a todos os profesionais que falten no centro de saúde e que aumenten o persoal, tanto no que a médicos como a enfermeiros se refire. Tamén se reclama un reforzo do PAC entre o 1 de xullo e o 15 de setembro, e que se adopten de inmediato as medidas necesarias para construír, canto antes, un novo edificio sanitario no lugar das Touzas.