O Grove substitúe as dúas fontes da praza do Corgo por dúas xardineiras

m. a. O Grove / LA VOZ

O Grove

CEDIDA

Este é un proxecto no que o rexedor meco, José Cacabelos, puxo un especial empeño

06 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As dúas fontes que desde hai anos adornan a praza do Corgo, no Grove, pasarán en breve á historia. Operarios de Bata, contratados polo Concello grazas a un convenio que pretende axudar á inclusión de persoas con autismo, iniciaron esta mesma semana a destrución destes espazos para convertelos nuns xardíns. Este é un proxecto no que o rexedor meco, José Cacabelos, puxo un especial empeño. Sostén que as fontes supoñen un perigo para os viandantes e os nenos que xogan actualmente na praza. Tamén, que teñen un elevado cose de mantemento.

O Corgo deixará de ter en breve dúas fontes para contar, no seu lugar, con dous pequenos xardíns. A intención primeira do rexedor era a de cubrir eses dous espazos con baldosas e facer unha praza toda á mesma altura. Pero, finalmente, triunfou a proposta de construír no seu lugar unha nova zona axardinada. Os traballos comezaron onte mesmo e serán executados polos operarios das brigadas de xardíns da asociación Bata, coa que todos os anos colabora o Concello. Estes traballadores están saneando as árbores que hai diante do Concello e encargaranse tamén de facer desaparecer as dúas fontes. Estas converteranse en dous maceteros, serán cubertas con terra e no seu interior colocaranse plantas decorativas. Estas novas xardineiras contarán ata cun sistema de rega propia, explicou o rexedor meco.