Un traballo sobre a resina dálle o terceiro premio de Galiciencia ao CPI Mosteiro

La Voz MEIS / LA VOZ

MEAÑO

cedida

O proxecto foi realizado polas alumnas Aroa Gómez e Irene Gómez

10 may 2024 . Actualizado á 17:38 h.

Aroa Gómez e Irene Gómez, alumnas do CPI de Mosteiro-Meis acadaron o terceiro premio de Galiciencia, a feira científica promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), por un proxecto no que estudaron en parcelas de piñeiros da Misión Biolóxica de Galicia a extracción de resina. «A extracción de resina faise en árbores vivas, o que supón unha forte agresión para as mesmas», explican. Ademais, investigaron como este aproveitamento pode afectar ao comportamento dos animais, xa que durante o proceso pode verse alterada a emisión, por parte da árbore, de substancias volátiles que actúan como sinais aéreos para atraer aves insectívoras, mamíferos e artrópodos que se alimentan das eirugas presentes nos piñeiros, o que contribúe á súa eliminación, segundo informan desde a organización da feira. O equipo recibiu 200 euros para a compra de material científico e tecnolóxico para o seu colexio.

O primeiro premio foi para Hugo Arribas, Alejandro Fidalgo e Aroa Álvarez, de Aulas Tecnópole (Ourense), co proxecto «Cold Vibes», un sistema refrixerado para o traslado de órganos aos hospitais.