Catoira suma a Bico de Xeado e a varias empresas locais ao patrocinio da Romaría Vikinga

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Adrián Baúlde

O goberno municipal continúa ampliando as súas colaboracións na procura dun custe cero, co apoio de Friscos, Logística Garmou, Satepesa e Stac, ademais da multinacional IGG Viking Rise, Abanca, Estrella Galicia e Vegalsa

12 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Catoira está a aplicar á organización da 65 edición da Romaría Vikinga o mesmo principio de custe cero que xa rexeu a produción da festa o ano pasado. Nesta ocasión, o alcalde, Xan Castaño, e o concelleiro de Cultura, Raúl Gómez, anunciaron que veñen de pechar novos acordos de patrocinio coa firma galega Bico de Xeado e coas empresas Friscos, Logística Garmou, Satepesa e Stac, algunhas delas de recente implantación no municipio do Baixo Ulla. Ao mesmo tempo, o goberno nacionalista mantén as axudas de Abanca, Estrella Galicia e Vegalsa e conseguiu ampliar a súa colaboración coa multinacional chinesa de videoxogos IGG Viking Rise.

A firma galega de xeados non só achegará unha importante cifra económica directa. Tamén reservará a maiores espazos no mercado medieval e nas Torres de Oeste para que aló estean presentes os seus produtos.

IGG, que xa estivera presente nos velamos dos drakkar e nos escudos das familias viquingas, pasa a ser a principal patrocinadora do torneo de xadrez baixo o nome Romaría Viking Rise.