
A Calzada acolle durante toda a fin de semana unha trintena de postos e unha programación de actividades sas
12 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.Unha trintena de postos abriron onte as súas portas no paseo da Calzada, en Cambados, para protagonizar unha fin de semana dedicada á vida e á alimentación saudables. Artigos que fomentan un estilo de vida sostible, ecolóxicos, mostras de cociña biosaudable, charlas sobre tarxetas cuánticas e a conveniencia de ir deixando tanta pantalla, e mesmo unha meditación guada a cargo de Rafael Tubío. Naturcambados é así.