Mil veciños de Cambados xa puideron gozar da primeira semana de actuacións de Clownbados

maría santamaría / R. E. CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

Hoxe colle o relevo Circo Chosco na Praza do Concello

10 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O evento de circo na rúa, Clownbados, leva xa un reconto de ata mil persoas que viron as actuacións programadas na pasada primeira semana de xullo.

O concello de Cambados xa puido gozar de catro actuacións musicais e cirquenses que atraeron ata 250 persoas por acto. Hoxe ás 21.00 horas, na Praza do Concello, os máis curiosos poden gozar da actuación da compañía galega Circo Chosco cun espectáculo diferente baixo o nome de Távole.

«Queremos encher de cultura, humor, circo e bo rollo as rúas de Cambados. O noso obxetivo é pasalo ben con espectáculos de calidade que, ademáis, conteñen unha mensaxe que aporta algo cultural e socialmente», explicaba Nacho Fungueiriño, xestor do evento como parte da cooperativa Cultura Activa.

Dúas semanas de circo

Este 2025 celébrase xa a segunda edición de Clownbados e mantense o formato do ano pasado, aínda que, como o nome do evento xa é coñecido entre os veciños, cada vez son máis os que se acercan a velo.

Nacho Fungueiriño explicaba que có evento de circo na rúa pretenden «achegar aos veciños unha mostra das principais compañías de circo galego e traer dúas ou tres apostas potentes e especiais do resto do territorio español». Ademáis Clownbados é apto para todo tipo de idades, aínda que as persoas que máis se achegan, segundo o organizador, son familias e mulleres e homes xa máis maiores que acuden ás funcións sós.

O sábado, Troula trae a Cambados O estrano caso do dentista na Rúa Brasov, e presentaráse ás 20.00 horas a modo de pasarrúas. Ás nove da noite será o turno da compañía de euskadi Cía Orain Bi, có premiado espectáculo Mute, onde fan equilibrios a ata catro ou cinco metros de altura. O domingo 13 rematará o Clownbados có grupo Henriko con O Feiticeiro, ás nove no paseo da Calzada.

Nacho Fungueiriño explica que agarda aumentar a cifra de espectadores da semana anterior e declara que Cambados sempre lle pareceu un lugar idóneo onde celebrar o ciclo de circo na rúa.