A Calzada énchese de todo tipo de artesanía feita por mulleres

maría Santamaría / r. e. CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MONICA IRAGO

A feira pódese visitar durante toda a fin de semana e conta con ata 30 postos

05 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Con calor e color comezou onte a feira de alimentación e artesanía feminina galega no paseo da Calzada, en Cambados. A pesar do cálido día, pouco a pouco tanto os locais como os visitantes da zona foron acercándose ata os postos para ver o que ofrecían as produtoras galegas.

O compoñente unificador da feira é realzar a importancia das mulleres traballadoras de Galicia. Para unificar a idea todas as que contan cun posto distíngense porque levan o típico mandilón galego a cadrados e de cores, que tanto se identifica có esforzo das mulleres galegas.

Na carpa onde se sitúa a feira poden encontrarse ata 30 postos de artesanía galega. Algúns deles son xoias, como é o caso de Belula, Ceiba ou Leónlagata, procedente de Sanxenxo. Pero tamén podemos curiosear os cosméticos e remedios naturais que ofrece Flow de meiga.

«Fago todo tipo de complementos como bolsos, cartucheiras ou coleteiros con teas africanas de algodón que están tratados cunhas ceras para ser algo impermeables», explicaba Marta Pazó, que conta cun posto na feira baixo o nome de Martiu.

As produtoras abren dende as once da mañá ata as dez da noite e ao longo do día realizaranse distintas actividades. Hoxe, Mulleres Salgadas impartirá unha charla, e pola tarde poderase gozar das presentacións das marcas Tikismikis Artesanía e Como pez en el agua. Mañá domingo, Culturmar ofrecerá unha charla ás 12.00 horas e pola tarde haberá tanto unha cata de vinagres de mel como a presentación das marcas Marearte e Volver.