
«Aberto por Vacacións» será gratuíto e funcionará do 30 de xuño ao 5 de setembro para nenos de 5 a 12 anos
31 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.A Concellería de Ensino, Cultura e Patrimonio do Concello de Cambados, a través do seu responsable Liso González, presenta «Aberto por Vacacións», un programa gratuíto dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
As actividades desenvolveranse nas casas de cultura das parroquias do municipio desde o 30 de xuño ata o 5 de setembro.
Esta iniciativa busca apoiar as familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral durante o verán, ofrecendo aos máis pequenos actividades lúdicas e educativas.
Os talleres e actividades deséñanse para grupos reducidos, o que garante unha atención máis personalizada e adaptada ás necesidades de cada neno ou nena.
O programa inclúe animación á lectura, iniciación á informática, talleres creativos, xogos populares e sorpresas.
O horario será de luns a venres de 9 a 14 horas, con posibilidade de ampliar a xornada desde as 8.30 ata as 14.30 para as familias que o requiran.
«Hoxe é un día de ledicia porque poñemos en macha algo que era unha promesa electoral», sostiña Liso González, en referencia a esta iniciativa que foi demandada de xeito insistente desde o BNG.
«Moi probablemente non chegaramos a cubrir toda a demanda que haxa, pero ou simple feito de volver poñelo en marcha coa situación económica coñecida faime sentir moi orgulloso», engadía.
«As actividades son totalmente gratuítas», lembraba González. «Temos as prazas que temos, pois queremos intentar que sexan para a xente máis necesitada e que non queden nenos sen divertirse durante ou verán por cuestions economicas», comentaba.
As inscricións estarán abertas desde o luns 2 ata o venres 16 de xuño, ou ata que se esgoten as prazas dispoñibles. Os interesados poderán elixir entre apuntarse ao programa completo ou ben a unha ou varias quincenas, segundo a súa conveniencia.
Para realizar a inscrición, as familias poden acudir presencialmente á a Biblioteca Municipal Luís Rei ou á sede electrónica do Concello de Cambados.
«Agardamos ou próximo poder ampliar as prazas», concluía o edil.