Os cambadeses terán descontos para os concertos de Son do Mar

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

As entradas poden comprarse na Casa da Calzada
As entradas poden comprarse na Casa da Calzada Martina Miser

As entradas poranse á venda este venres 23 na oficina de turismo de Cambados

20 may 2025 . Actualizado a las 14:13 h.

O festival Son do Mar que se celebrará en O Pombal (Cambados) o 24, 25 e 26 de xullo pon á venda este venres 200 entradas a un prezo de 20 euros para as persoas que acrediten vivir en Cambados aportando o seu DNI. Esta entrada dará acceso aos concertos de L-Gante, Drfquila, Mar Lucas o dj Set de Dojw.

A venda farase o venres 23 na oficina de turismo situada no paseo da Calzada desde as 16 ás 20.30 horas.