Son do Mar anuncia a Mar Lucas no seu cartel en Cambados

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

Cedida

O festival destaca a oportunidade de ver a unha das artistas do momento

13 may 2025 . Actualizado á 21:47 h.

Mar Lucas, con millóns de escoitas en Spotify e unha lexión de seguidores en redes sociais, convertíase onte na nova confirmación dos organizadores do Son do Mar, o festival que do 24 ao 26 de xullo celebrarase na zona deportiva cambadesa de Ou Pombal.

Desde a organización do evento destácase a oportunidade de gozar dunha das artistas de moda do momento. Un anuncio que acompaña do sorteo dunha entrada individual entre quen empece a seguir ao festival nas súas redes sociais, déanlle un gústame e garden a publicación relacionada con Mar Lucas.